Sección Luthiers

Fiddle Fest

Kepa Rubio

Luthier establecido en Abornikano (Álava), onde traballa no seu obradoiro nun contorno tranquilo. Formouse na Basque Country School of Violin Making de Bilbao entre 2008 e 2013. Especialízase na construción de violíns, violas, violonchelos e violíns de cinco cordas, ademais de reparacións e axustes tonais. Ampliou a súa formación con masterclass con Samuel Zygmuntowicz, Hans J. Nebel e George Stoppani. 

Martín González

Formado na Escola Internacional Antonio Stradivari de Luthery de Cremona (Italia), na actualidade ten o seu obradoiro en Vilaboa (Pontevedra), onde exerce a súa profesión dende o ano 2020.

Roi Redondo

Especializado en instrumentos de corda frotada e pulsada e barrocos como as harpas celtas ou violas da gamba. Formouse na EMAO de Vigo e actualmente ten o seu taller en Pontevedra.

Rubén Lorenzo

Luthier galego asentado en Gondomar, dedicado á construción artesanal de instrumentos de corda. Formado en Bilbao e con experiencia internacional en Cremona e Medellín, combina coñecemento técnico, sensibilidade musical e respecto pola tradición na creación de pezas coidadas e de gran calidade sonora.

O DOMINGO 4 de XULLO, teremos unha espectacular MOSTRA e OBRADOIRO de LUTHERÍA co apoio da Fundación Pública Artesanía de Galicia e con profesionais de talento como  Martín González e Roi Redondo.

Unha oportunidade única para coñecer de preto o seu traballo!

Consentimiento de Cookies con Real Cookie Banner