
INSCRICIÓNS ABERTAS PARA ASISTIR AS AULAS DE INSTRUMENTISTAS ENCORDASS 2026
UN CURSO, UN FESTIVAL E UN ENCONTRO DE INSTRUMENTISTAS DE CORDA
Encordass Fiddle Fest é un encontro musical onde se combinan aulas de instrumento con concertos e obradoiros abertos tamén ao público en formato festival. Trátase dunha experiencia única construida dende a convivencia e o intercambio cultural, no que cada edición está dedicada á música popular dun país ou rexión.
As aulas están destinadas principalmente a instrumentistas de corda (violín, viola, chelo, contrabaixo, guitarra, bouzuki, zanfona e acordeón diatónico), con diferentes modalidades de participación, é posible asistir con outros instrumentos ou sen instrumento. Organizadas por niveis son impartidas por artistas do país invitado. O repertorio traballado representarase nun concerto final aberto ao público xunto aos músicos participantes ao encontro. Músicos, mestres e as/os participantes que o desexen, actuarán como parte da Encordass Fest Orquestra, nun grande concerto final o último día.
O festival está aberto ao público en xeral de tódalas as idades. Nunha contorna única ofrece concertos en distintos escenarios nos lugares máis emblemáticos da illa, moitos en formato acústico co obxectivo de aproximar ás e aos oíntes aos instrumentos en su forma máis pura. O festival celébrase o venres, sábado e domingo, e as entradas inclúen traslado en barco no mesmo día (sen pernocta na illa), venres e sábado concertos de serán e visita musicalizada. O domingo máis de 40 concertos, obradoiros, postos de luthería e moito máis.
Tanto as aulas Encordass como o festival celébranse na Illa de San Simón de xeito simultáneo. As aulas inclúen aloxamento e pensión completa e a idade mínima para participar é de 18 anos. As prazas cubriránse por rigurosa orde de inscrición no momento en que se formalice a reserva.

Alasdair Fraser é unha lenda do fiddle. Actuou por todo o mundo con Skydance e Natalie Haas con quen gravou numerosos discos. É o máximo responsable da revitalización e difusión internacional do violín tradicional escocés.

Violinista relevante na escena actual do fiddle, destaca pola súa forza interpretativa, sensibilidade, posúe un estilo enérxico e refinado que bebe da tradición escocesa e irlandesa.

Formado na tradición do fiddle das Highlands reside actualmente en Valladolid, onde desenvolve a súa carreira artística co dúo San Miguel Fraser, proxecto que conecta a música escocesa coas tradicións ibéricas e atlánticas.

Figura emerxente en Glasgow destaca polo seu virtuosismo e o seu enfoque pedagóxico integrador para fusionar a música clásica, o jazz e o folk escocés. Graduado con honores no Royal Conservatoire of Scotland.

Pioneira como celista solista fusiona a técnica clásica, o fraseo tradicional e a liberdade do jazz. Como docente destaca guiando para desenvolver a propia voz por medio da improvisación.

Formado na tradición inglesa de Oxfordshire, estudou no Royal Conservatoire of Scotland. Un acordeonista con carisma que motiva a "empuxar os límites" do instrumento.

Pianista escocés especialista no acompañamento do fiddle que destaca pola súa sensibilidade rítmica e harmónica. Mantén unha fonda conexión coa música galega.

Produtor e cantante que fusiona música celta con electrónica (EDM). Multiinstrumentista de gran nivel que mestura sons escoceses e irlandeses con house e disco.

Músico tradicional afincado en Glasgow, especializado en fiddle, guitarra e zanfona. Participa en proxectos como The Capstan Quartet e 3ManJob e cofundou o proxecto educativo Folks' Music Project CIC.

As compoñentes da fantástica banda de Boston serán a encargadas de liderar as noites de baile e o Ceilidh do sábado.
Gañamos tempo para a música: dende o venres 3 ás 09:00h ata o luns 6 ás 13:30h. Máis convivencia, máis formación.
Nova aula específica de acompañamento harmónico para piano, guitarras e mandolinas, dirixida polo mestre Neil Pearlman.
Unha velada inesquecible con traxe de gala escocés. Música en directo coas Scottish Fish para unha noite de danza tradicional.
Respondemos á demanda abrindo un grupo exclusivo para instrumentos de vento tradicionais de madeira.

Coa confirmación da inscrición recibiredes un código desconto do 50% para dúas entradas*
*Válido para o público en xeral nas xornadas do venres, sábado e domingo. Non aplicable para a noite de Ceilidh do sábado 4 de xullo.