Encordass Fiddle Fest especial Escocia

Por que Escocia?

A historia recente do violín folk galego non se pode entender sen Escocia. Nun primeiro momento, nos anos 80, co nacemento do folk na nosa terra, os poucos violinistas que se achegaban á música popular miraban cara a Escocia e Irlanda como referentes fundamentais dos que aprender.

Xa entrado o século XXI, o prestixioso violinista escocés Alasdair Fraser interesouse polo violín galego e convidou a Alfonso Franco a participar como profesor nos anos 2011 e 2012 no Sierra Fiddle Camp de California. A raíz destas viaxes xurdiu a idea de crear na Illa de San Simón un evento de características semellantes, que deu lugar ao nacemento do San Simón Fiddle e, posteriormente, ao actual Encordass Fiddle Fest.

Por todo isto, poder contar cun artista como Alasdair Fraser, dunha importancia inconmensurable para o desenvolvemento artístico e cultural do fiddle a nivel mundial, énchenos de enorme orgullo.

Encordass Fiddle Fest é un festival internacional de música de corda que se celebra na Illa de San Simón, na Ría de Vigo, Galicia. Este evento destaca por fusionar a música tradicional galega con sonoridades doutras culturas, tendo ao violín como instrumento central. Co violín como fío condutor, o festival é un evento poliédrico que combina concertos en diferentes formatos con obradoiros musicais especializados, actividades para todas as idades, gastronomía, danza tradicional, charlas culturais, paseos en barco e natureza.

Cun cartel que inclúe tanto artistas consolidados como bandas emerxentes, e máis de 40 concertos en formato íntimo e acústico, o público pode escoller entre diferentes actuacións simultáneas, favorecendo unha experiencia próxima e personalizada. Un festival que achega o violín ao público, desmontando o cliché que o asocia só coa música clásica.

edición 2026 para o público en xeral celebrarase entre os días 2 e 5 de xullo, as aulas do 3 ao 6 de xullo.

Encordass Fiddle Fest conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e co apoio de Cervezas Alhambra que, no ano do seu centenario, reafirma o seu compromiso coas experiencias únicas que invitan a gozar sen présa, dedicando a cada momento o tempo que merece.

Ademais da música, Encordass Fiddle Fest ofrece:

  • Aulas musicais  con aboamento de 2 ou 3 días con pernocta na illa.
  • Visitas musicalizadas: paseos en barco con música en directo e visitas guiadas á Illa da Memoria.
  • Obradoiros e mostras: luthería do violín, gastronomía, danza, charlas culturais, etc.
  • Gastronomía: showcooking con chefs recoñecidos e degustacións de produtos locais.
  • Zona infantil: xogos tradicionais, obradoiros e concertos didácticos dirixidos ao público familiar.

Este 2026 o festival  comezará o xoves 2 co concerto inaugural no Museo do Mar de Vigo.

O venres 3 e o sábado 4 o público poderá acceder a San Simón dende a Estación marítima de Vigo e dende o embarcadoiro de Meirande,  (Museo de Rande) onde serán recibidos no peirao cuhna benvida musical.

A programación inclúe una visita guiada, «Illa da Memoria», que comeza coas cantigas de Martín Codax e dos trovadores medievais, para facer unha liña emporal ata hoxe. Paralelamente aos concertos que se desenvolven en diferentes escenarios distribuídos por toda a illa, teñen lugar actividades, charlas e obradoiros de danza e gastronomía.

A xornada do domingo 5 paralelamente aos concertos que se desenvolven en diferentes escenarios distribuídos por toda a illa, teñen lugar actividades, charlas e obradoiros de danza e gastronomía.  A música comezará xa pola mañá e incluirá degustacións, cata de viño, un showcooking patrocinado por Alhambra, obradoiros de danza, mostra de luthería e un espazo infantil entre outras actividades.

Acceso e entradas

Ao elixir a data atoparedes distintos horarios para coller o barco.
O venres e sábado haberá barco desde Vigo ás 17:30 e desde Meirande ás 18:00.
O domingo tedes desde Vigo ás 11:15 e desde Meirande ás 12:00, 13:00 e 15:30.

O acceso ao evento realízase en barco dende os portos de Vigo e Meirande. As entradas ao evento inclúen o transporte marítimo e o acceso ás actividades do festival. Existen diferentes modalidades de acceso con prezos populares, ademais un 15% de desconto coa Tarxeta Xove, pensionistas ou se estás en desemprego.

As tardes do venres 3 e do sábado 4 de xullo o festival ofrecerá un paseo en barco pola ría con música en vivo, visita guiada á Illa da Memoria, concertos, obradoiros de danza e gastronomía. 

domingo 5, a Illa de San Simón acollerá unha xornada con máis de corenta concertos, obradoiros, catas de viños galegos e diversas actividades. 

HORARIOS E LUGARES DE EMBARQUE

📍 Embarcadoiro🕒 Hora€ Prezo
VENRES, 3 DE XULLO
Meirande17:3535€
SÁBADO, 4 DE XULLO
Meirande17:3535€
DOMINGO, 5 DE XULLO
Vigo*11:1560€
Meirande11:4545€
Meirande12:3045€
ℹ️ NOTA SOBRE VIGO (*):
A entrada inclúe o traslado de ida en barco á illa co traxecto Vigo → Meirande→ Illa
Regreso: Dende a Illa a Meirande en barco, e logo á Estación Marítima de Vigo en minibús ou taxi, en función do número de entradas vendidas.

HORARIOS SAÍDA da ILLA
VENRES e SÁBADO: 22:30
DOMINGO: 22:30 e 23:30 (a saída das 23:30 inclúe traslado posterior en minibús ata Vigo).
O domingo ademais haberá barco opcional de saída da Illa con destino a Meirande ás 21:00

ABERTAS INSCRICIÓNS ABERTAS PARA ÁS AULAS DE INSTRUMENTISTAS ENCORDASS 2026

Encordass é un encontro musical onde se combinan aulas de instrumento con concertos e obradoiros. Trátase dunha experiencia única construida dende a convivencia e o intercambio cultural, no que cada edición está dedicada á música popular dun país ou rexión.

Está destinado principalmente a instrumentistas de corda (violín, viola, chelo, contrabaixo, guitarra, zanfona e acordeón diatónico), ainda que existen diferentes modalidades de participación, sendo posible asistir con outros instrumentos ou como acompañante (opción esta última só dispoñible para socios).

As aulas de instrumento establécense por niveis, e son impartidas por mestres do país invitado. O repertorio traballado durante o curso representarase nun concerto final aberto ao público xunto aos músicos participantes ao encontro. Músicos, mestres e as/os participantes que o desexen, actuarán como parte da Encordass Fest Orquestra, nun grande concerto final o domingo 5 de xullo.

O encontro Encordass celébrase na Illa de San Simón e inclúe aloxamento e pensión completa. A idade mínima para participar no Encordass é de 18 anos. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición no momento en que se formalice a reserva.

Aulas de Instrumentos

Violín / Fiddle
Tres niveis diferenciados: Básico, Medio e Avanzado. Aprendizaxe técnica e estilística da tradición escocesa.
Sección Rítmica
Acompañamento harmónico e rítmico para piano, guitarra, bouzouki e mandolina. Impartido por Neil Pearlman.
Acordeón Diatónico
Técnicas de fol e ornamentación aplicadas ao repertorio folk contemporáneo e tradicional.
Whistles e Frautas
Novo grupo de instrumentos de vento de madeira. Enfoque no fraseo e na linguaxe tradicional das Highlands.
Zanfona
Aula especializada coordinada por NAZANFONA con mestres de prestixio internacional.

Profesorado 2026

Alasdair Fraser

Alasdair Fraser

Conxunto Instrumental

Alasdair Fraser é unha lenda do fiddle. Actuou por todo o mundo con Skydance e Natalie Haas con quen gravou numerosos discos. É o máximo responsable da revitalización e difusión internacional do violín tradicional escocés.

Katie Mcnally

Katie Mcnally

Fiddle

Violinista relevante na escena actual do fiddle, destaca pola súa forza interpretativa, sensibilidade, posúe un estilo enérxico e refinado que bebe da tradición escocesa e irlandesa.

Galen Fraser

Galen Fraser

Fiddle

Formado na tradición do fiddle das Highlands reside actualmente en Valladolid, onde desenvolve a súa carreira artística co dúo San Miguel Fraser, proxecto que conecta a música escocesa coas tradicións ibéricas e atlánticas.

Roo Geddes

Roo Geddes

Fiddle

Figura emerxente en Glasgow destaca polo seu virtuosismo e o seu enfoque pedagóxico integrador para fusionar a música clásica, o jazz e o folk escocés. Graduado con honores no Royal Conservatoire of Scotland.

Juliette Lemoine

Juliette Lemoine

Cello

Pioneira como celista solista fusiona a técnica clásica, o fraseo tradicional e a liberdade do jazz. Como docente destaca guiando para desenvolver a propia voz por medio da improvisación.

Sam Mabbett

Sam Mabbett

Acordeón Diatónico

Formado na tradición inglesa de Oxfordshire, estudou no Royal Conservatoire of Scotland. Un acordeonista con carisma que motiva a "empuxar os límites" do instrumento.

Neil Pearlman

Neil Pearlman

Sección Rítmica

Pianista escocés especialista no acompañamento do fiddle que destaca pola súa sensibilidade rítmica e harmónica. Mantén unha fonda conexión coa música galega.

Elías Alexander

Elias Alexander

Whistle e frautas

Produtor e cantante que fusiona música celta con electrónica (EDM). Multiinstrumentista de gran nivel que mestura sons escoceses e irlandeses con house e disco.

Zanfona

Zanfona

NAZANFONA

A nova Asociación NAZANFONA está na procura para traer un zanfonista de prestixio que impartirá as aulas deste marabilloso instrumento no Encordass.

Scottish Fish

Scottish Fish

House Band

As compoñentes da fantástica banda de Boston serán a encargadas de liderar as noites de baile e o Ceilidh do sábado.

Consentimiento de Cookies con Real Cookie Banner