Artistas invitados

Fiddle Fest Escocia

O encontro desta edición 2026 do Encordass terá lugar do venres 3 ao domingo 5 de xuño, a música galega e as músicas escocesas nunha celebración aberta das tradicións musicais atlánticas.

alasdair-fraser

Alasdair Fraser

Cun estilo que combina virtuosismo, emoción e unha fonda conexión coa tradición oral das Highlands, é unha das figuras máis influentes do violín tradicional escocés. Coñecido pola súa versatilidade e capacidade expresiva, transita con naturalidade entre melodías gaélicas cheas de lirismo e pezas de baile cheas de enerxía. Ao longo da súa traxectoria publicou discos de referencia como Dawn Dance ou Fire and Grace, colaborou en bandas sonoras como Titanic ou O último mohicano e impulsou proxectos fundamentais para a difusión internacional do fiddle escocés.

Galen Fraser

Violinista escocés formado na tradición do fiddle das Highlands, cun estilo que combina o respecto pola tradición cunha apertura á exploración sonora e ao diálogo entre culturas que lle permite reinterpretar o repertorio tradicional desde unha perspectiva actual.

Actualmente reside en Valladolid, onde traballa co grupo San Miguel Fraser, que conecta a música escocesa coas tradicións ibéricas e atlánticas a través de repertorio tradicional e composicións propias.

Katie McNally

Violinista destacada do fiddle escocés e de Cape Breton, cun estilo elegante e emotivo baseado nun profundo dominio do fraseo, a ornamentación e o ritmo destas tradicións. Destaca pola súa versatilidade, alternando interpretacións líricas con pezas de gran enerxía e creando variacións persoais sobre temas tradicionais.

Conta con varios discos publicados, entre eles Flourish (2017) e The Boston States (2023), e é considerada unha figura relevante na evolución contemporánea da música tradicional.

Neil Pearlman

Músico estadounidense especializado no fiddle e no piano dentro da tradición de Cape Breton, considerado unha das figuras máis destacadas deste estilo na actualidade. Ademais da súa faceta como violinista, destaca tamén como pianista acompañante. Publicou varios discos, entre eles Northern Roots (2005), colaborou con numerosos artistas da escena tradicional e desenvolve un importante labor pedagóxico a través de clases e obradoiros centrados na música de Cape Breton.

Elias Alexander

Multiinstrumentista, produtor e compositor estadounidense que fusiona música tradicional, electrónica e estilos contemporáneos nunha proposta innovadora e enérxica. Formado en fiddle e gaita, é unha referencia da música escocesa nos Estados Unidos e desenvolve o proxecto Ramblxr, co que explora a unión entre folk, house e hip-hop. En 2024 acadou gran repercusión co tema FIDDLE DISCO!.

Scottish Fish

Unha das propostas máis enerxéticas e creativas da nova escena celta, Scottish Fish ofrece unha visión fresca da música tradicional e contemporánea de Escocia e Cape Breton. Formado por cinco músicas criadas na vibrante escena celta de Boston, o grupo destaca pola forza do directo, os seus arranxos cheos de personalidade e unha sonoridade brillante e emocionante. Tras o seu paso por escenarios como Celtic Connections, consolidáronse como unha das formacións máis destacadas e renovadoras do folk atlántico actual.

Darach

Cun traballo recentemente publicado este dúo, formado por Roo Geddes e Hugo Franco, ofrece un novo concepto de folk moderno. Da harmonía do fiddle e da guitarra xurden melodías galegas aromatizadas coas influencias de tradicións europeas e internacionaise. mentras exploran as melodías.

Roo Geddes

Violinista escocés formado no Royal Conservatoire of Scotland, Roo Geddes destaca pola súa expresiva fusión de folk, jazz e música clásica contemporánea. Considerado unha das voces emerxentes máis interesantes da escena musical de Glasgow, combina tradición e innovación cun estilo versátil e persoal. Ademais, colabora co guitarrista galego Hugo Franco no proxecto Darach, onde exploran novas sonoridades baseadas no folk atlántico.

Juliette Lemoine

Violonchelista escocesa cunha voz propia dentro da música tradicional contemporánea,  destaca pola súa capacidade para levar o violonchelo a novos espazos sonoros entre a tradición, a música clásica e o jazz. Cun estilo expresivo, elegante e innovador, consolidouse como unha das artistas emerxentes máis interesantes da escena escocesa actual. O seu álbum de debut, Soaring (2023), foi recibido con grande recoñecemento e amosa unha mirada persoal e renovadora sobre a música de raíz

Sam Mabbett

Acordeonista formado na tradición inglesa de Oxfordshire, Sam Mabbett desenvolve unha proposta creativa dentro da música folk contemporánea, combinando raíz e exploración sonora cun estilo propio. Formado no Royal Conservatoire of Scotland, destaca pola súa versatilidade e polo seu enfoque innovador do acordeón diatónico, levando o instrumento cara a novas posibilidades expresivas dentro da música tradicional.

Dylan Cairns

Músico tradicional afincado en Glasgow, especializado en violín folk, guitarra e zanfona. Destaca pola súa versatilidade dentro da escena folk escocesa, participando en proxectos como The Capstan Quartet e 3ManJob, ademais de colaborar con formacións como Dallahan ou Iona Fyfe. Compaxina a súa actividade artística cun forte compromiso pedagóxico a través do Folks’ Music Project, impulsando o ensino e a difusión da música tradicional en Glasgow.

Sandra Castro & Orin Simpson

Sandra Castro, orixinaria de Madrid, e Orin Simpson, das Highlands de Escocia, son dous músicos tradicionais unidos pola súa paixón pola música escocesa. A súa proposta combina violín e piano cunha profunda conexión coa tradición e a creación contemporánea a través de pezas de baile, slow airs e arranxos inspirados na música de cámara. Cunha forte vinculación ás sessions, aos ceilidhs e á recuperación de repertorio histórico, o dúo destaca por unha interpretación viva e elegante que conecta a música escocesa con outras influencias folk europeas.

Sondeseu-violins

Violíns SONDESEU

Sección de violíns da Orquestra Son de Seu, fundada no ano 2001 por Rodrigo Romaní, está considerada a primeira orquestra folk de Galicia. Estreouse na XIX edición do Festival de Ortigueira en 2003.

Anxo Pintos

Músico multiinstrumentista, compositor e docente galego cunha longa traxectoria vencellada á música tradicional. Cofundador de Berrogüetto e integrante de numerosos proxectos de referencia, é recoñecido pola súa contribución á recuperación e modernización da zanfona, así como polo seu labor creativo e pedagóxico. O seu traballo tivo unha influencia decisiva no desenvolvemento da música folk galega das últimas décadas.

Abril

Dúo vigués nacido da tradición galega e ibérica arredor das voces e instrumentos de Claudia Abril e Marina Carpente. Abril constrúe unha proposta delicada e contemporánea onde conviven a música de raíz, as harmonías vocais e unha mirada nova sobre o folk galego. Cun son íntimo e cheo de personalidade, o grupo consolidouse como unha das propostas máis destacadas da nova escena folk tras a publicación do seu primeiro disco, Medrar. Un proxecto que ten ademais unha ligazón especial co San Simón Fiddle, lugar onde as súas integrantes se coñeceron e comezaron a súa andaina musical.

delama-freya

Da Lama & Freya

Trio nacido das tradicións atlánticas de Escocia e Galicia arredor da violinista e frautista escocesa Freya Rae, unha das voces máis versátiles do folk contemporáneo. Xunto aos músicos galegos Pablo Dalama e Migui Carballido, crean unha proposta fresca e dinámica que une violín, frauta, gaita e percusión nun diálogo vivo entre ambas culturas.

Fernando Barroso

Multiinstrumentista, compositor e produtor destacado da World Music e o folk ibérico, especializado en mandolina e bouzouki irlandés cun estilo propio e innovador. A súa música combina raíces galegas e portuguesas con influencias do jazz, a clásica e ritmos brasileiros ou persas. Fundador de Assembly Point e TRIM, colaborou con artistas como Xabier Díaz, Anxo Lorenzo ou Julio Pereira.

Tonecho-castelo-pablo-esqueira

Tonecho Castelos & Pablo Esqueira

O dúo formado polo violinista Tonecho Castelos e o acordeonista Pablo Esqueira ofrece unha proposta de folk galego sensible e elegante, onde tradición e contemporaneidade conviven con naturalidade. Cun repertorio de melodías populares, composicións propias e arranxos actuais, destacan pola calidade instrumental e a capacidade de transportar ao público ás paisaxes sonoras de Galicia.

San Miguel Fraser

Dúo internacional formado pola violinista e cantante María San Miguel e o multiinstrumentista Galen Fraser. A súa música fusiona tradición castelá, sonoridades atlánticas e folk celta cun estilo propio dentro da New Acoustic Music. Co seu elegante chamber-folk, presentan composicións orixinais e recreacións de melodías tradicionais que xa emocionaron en festivais como Celtic Connections ou Ortigueira.

Brío

Sara López e Nathan Outeiro son un novísimo dúo de música folk que combina tradición galega con estilos como o swing ou o folk irlandés, creando  novas sonoridades sen perder a súa esencia galega. Forman parte da nova xeración nacida gracias a San Simón Fiddle.

Miscelánea

Trío nacido en Barcelona formado por Marta de Soto, Marta Taboada e Maialen Apiñaniz, Miscelánea crea unha proposta fresca e delicada onde conviven folk, música tradicional, jazz, pop e bolero. A través das voces e dos arranxos, o grupo constrúe unha sonoridade rica e dinámica que combina tradición e modernidade cunha identidade propia.

GFOrquestra

Galicia Fiddle Orquestra

Unha proposta educativa na que conviven profesorado e alumnado nun espazo común de creación musical. Nacida no San Simón Fiddle, consolidouse como unha agrupación innovadora e única no panorama musical galego. Interpretan música popular sen o uso de partituras ofrecendo unha posta en escena onde a expresión corporal e a comunicación co público toman o protagonismo do espectáculo. Composta por violíns, violoncelos, guitarra acústica, voz e percusión galega.

Encordass-orquestra

ENCORDASS ORQUESTRA

Cada ano, durante a celebración do Encordass fiddle Fest, xunto cos mestres invitados, os asistentes ao mesmo preparan un repertorio que se interpreta no concerto final do festival. Unha agrupación de máis de 70 músicos pon o broche final ao festival

Grupos

Ghaveta

Cuarteto de Mondariz de música de raíz galega. Arpa, violín, voz, percusións, guitarra acústica e bouzouki. Ghaveta ten un directo intenso, cheo de emoción. A voz, as percusións e a arpa crean novas atmósferas que che levarán a moverte, por dentro e por fóra, mentres o bouzouki e o violín interpretan intrépidas melodías. Vivirás un extenso percorrido por Galiza da man de Ghaveta. Temas tradicionais que acollen unha inefable actualidade.

Hugo Franco e Franc Xarau

Marc Xarau & Hugo Franco

Marc Xarau e Hugo Franco ofrecen unha narrativa musical excepcional que cativa á audiencia. A súa enxeñosa fusión de tradicións folclóricas e influencias contemporáneas pinta unha paisaxe sonora vívida, transportando aos oíntes desde as rúas de Barcelona a un mundo de innovación musical e fusión cultural.

Sandra Castro foto

Sandra Castro

Nada en Madrid, Sandra Castro reside actualmente en Glasgow, onde estudia Música Tradicional no Royal Conservatoire of Scotland. Ensina música e compone as súas propias cancións.

Gom Goás

Mestre de música e guitarrista que formou parte de diferentes bandas de música galega e folk como A Quenlla, A Banda das Crechas, Tis-Che-Tein, Davide Salvado ou Tanxugueiras. Actualmente é membro do grupo de música galega Os d ́Abaixo.

María Pérez

Violinista folk pertencente á nova xeración de fiddlers galegos e integrante da Orquestra folk SondeSeu. Colaborou con Begoña Riobó e Hugo Franco no seu primer proxecto discográfico «Acanteira».

Germán Clavijo

Integrante da Royal Philharmonic Orchestra, BBC Philharmonic, Royal Opera House e Ensemble Moderna grabou para Classic FM, a BBC (Reino Unido) e para Radio Nacional TVE. Foi Viola Principal da Orquesta Ciudad de Granada e Director Artístico da Ensemble Instrumental de Granada.

Beatriz Martínez

Con Rodrigo Romaní Trío publicou Fíos de Ouro no Ár e illas. Cofundadora do proxecto Percubebés (música infantil) xunto a Marcelo doBode. Directora da sección de harpas da orquestra SonDeSeu e integrante do cuarteto folk Ghaveta. En 2021 publica ‘Tal como as nubes’.

Aleksander Kuzmic​

Guitarrista, cantante, compositor e multiinstrumentista esloveno que participou en musicais como Cats, Hair, Os Miserables, A Pantasma da Ópera. Toca a guitarra flamenca, bouzuki, Kora, Kval e Bansuri, frautas de orixen asiático en numerosas bandas centroeuropeas de música folk.

Purnata Mohanty

Iniciada na danza Odissi aos 5 anos con Guru Kanduri Charan Behera. Máis tarde uniuse á Odisha Dance Academy baixo a dirección de Padmashree Guru Gangadhar Pradhan, Padmashree Guru Smt Aruna Mohanty e Sri Pravat Kumar Swain en «Nrutya Naivedya». Directora da Purnata School of Performing Arts, Bhubaneswar,  foi profesora en Nrutya Naivedya. Entre otros
obtuvo o 1er premio no 5th National Classical Dance Competition 2019 celebrado en Burla, Sambalpur, Odisha.

Apeksha Bhagwat

Profesora de Cultura India (Ioga) na Embaixada da India en Marid en colaboración co ICCR para promover e propagar o antigo coñecemento indio para o benestar da humanidade.

Experta na técnica de meditación Pranayama, terapia de ioga integradora e espiritual para todos os grupos de idade. Con publicaciones especializadas e una tesis doctoral pola GITAM University, Visakhapatnam, Andhra Pradesh, fala inglés, hindi e punjabi.

Martín González

Formado na Escola Internacional Antonio Stradivari de Luthery de Cremona (Italia), na actualidade ten o seu obradoiro en Vilaboa (Pontevedra), onde exerce a súa profesión dende o ano 2020.

Carlos Portela

Entre Portugal e Galicia dende 2013 aprendeu o oficio co seu pai ao tempo que se formaba en escolas de lutheria. O foco principal do seu traballo é a elaboración de novos violíns, violas, violonchelos e restauracións.

Roi Redondo

Especializado en instrumentos de corda frotada e pulsada e barrocos como as harpas Celtas ou violas de gamba. Formóuse na EMAO de Vigo e actualmente ten o seu taller en Pontevedra.

Proximamente máis información

Consentimiento de Cookies con Real Cookie Banner