Que é Encordass Fiddle Fest?

NECESITAS: Inscribirse

Asistir ás Aulas

Se es instrumentista (para asistir como ouvinte sen instrumento tes que ser socia/o) debes realizar a inscrición completa ou reducida. Isto inclúe as aulas coa súa propia programación, todas as actividades do festival, pensión completa e pernocta na illa.

Ir á Inscrición ou Reserva
NECESITAS: Mercar Entrada

Asistir como Público

Para desfrutar dos concertos e a programación aberta ao público, debes mercar a entrada, que inclúe o traslado en barco para o día ou días que desexes (venres, sábado ou domingo). A entrada como público non ten pernocta nin servizos de comedor.

Pronto á venda Entradas

1. Formación para Instrumentistas

Modalidades de Curso

  • Completo: 3 días (desde o venres ás 09:00 ata o luns ás 13:30 ).
  • Reducido: 2 días (dende o sábado ás 09:00 e domingo ata o luns ás 13:30).
  • Inclúe: Aulas de instrumento por niveis, obradoiros temáticos, clases maxistrais e ensaios de orquestra.

Dinámica Diaria

  • Mañás: Formación técnica e estilística por instrumento.
  • Tardes: Aulas, ensaios xerais e obradoiros (danza, gastronomía, charlas).
  • Noites: Conciertos ao solpor e actividades de convivencia exclusivas.

2. Programación Fiddle fest

Formatos de Actuación

  • Concerto de Apertura: Museo do Mar de Galicia (Vigo), formato semi-acústico.
  • Concertos acústicos: Nos lugares máis emblemáticos da illa.
  • Obradoiros de danza
  • Exposición e obradoiros de luthería

Espazos na Illa

As actuacións van desde pequenos concertos acústicos na Capela ata o gran concerto final amplificado no escenario principal no Campo das Alocucións.

3. Loxística, Traslado e Estancia

Acceso ao festival

O público xeral debe adquirir a súa entrada que inclúe o traslado en barco (venres, sábado e/o domingo).

As saídas e regresos están coordinados coa programación dos concertos para asegurar o retorno do público ao finalizar a xornada.

Haberá postos de comida e bebida para o público xeral.

Réximen de Estancia

Pernocta e manutención: Estrictamente reservada para instrumentistas inscritas/os nas aulas.

Consulta as FAQ Inscrición aulas
Pronto á venda as entradas para o público en xeral

© Galicia Fiddle 2024

Consentimiento de Cookies con Real Cookie Banner