
A historia recente do violín folk galego non se pode entender sen Escocia. Nun primeiro momento, nos anos 80, co nacemento do folk na nosa terra, os poucos violinistas que se achegaban á música popular miraban cara a Escocia e Irlanda como referentes fundamentais dos que aprender.
Xa entrado o século XXI, o prestixioso violinista escocés Alasdair Fraser interesouse polo violín galego e convidou a Alfonso Franco a participar como profesor nos anos 2011 e 2012 no Sierra Fiddle Camp de California. A raíz destas viaxes xurdiu a idea de crear na Illa de San Simón un evento de características semellantes, que deu lugar ao nacemento do San Simón Fiddle e, posteriormente, ao actual Encordass Fiddle Fest.
Por todo isto, poder contar cun artista como Alasdair Fraser, dunha importancia inconmensurable para o desenvolvemento artístico e cultural do fiddle a nivel mundial, énchenos de enorme orgullo.
Encordass Fiddle Fest é un festival internacional de música de corda que se celebra na Illa de San Simón, na Ría de Vigo, Galicia. Este evento destaca por fusionar a música tradicional galega con sonoridades doutras culturas, tendo ao violín como instrumento central. Co violín como fío condutor, o festival é un evento poliédrico que combina concertos en diferentes formatos con obradoiros musicais especializados, actividades para todas as idades, gastronomía, danza tradicional, charlas culturais, paseos en barco e natureza.
Cun cartel que inclúe tanto artistas consolidados como bandas emerxentes, e máis de 40 concertos en formato íntimo e acústico, o público pode escoller entre diferentes actuacións simultáneas, favorecendo unha experiencia próxima e personalizada. Un festival que achega o violín ao público, desmontando o cliché que o asocia só coa música clásica.
A edición de 2026 celebrarase entre os días 2 e 5 de xullo, e contará con músicos e bandas galegas como
. Compartirán escenario con agrupacións internacionais como
Encordass Fiddle Fest conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e co apoio de Cervezas Alhambra que, no ano do seu centenario, reafirma o seu compromiso coas experiencias únicas que invitan a gozar sen présa, dedicando a cada momento o tempo que merece.
Ademais da música, Encordass Fiddle Fest ofrece:
Este 2026 o festival comezará o xoves 2 co concerto inaugural no Museo do Mar de Vigo.
O venres 3 e o sábado 4 o público poderá acceder a San Simón dende a Estación marítima de Vigo e dende o embarcadoiro de Meirande, (Museo de Rande) onde serán recibidos no peirao cuhna benvida musical.
A programación inclúe una visita guiada, “Illa da Memoria”, que comeza coas cantigas de Martín Codax e dos trovadores medievais, para facer unha liña emporal ata hoxe. Paralelamente aos concertos que se desenvolven en diferentes escenarios distribuídos por toda a illa, teñen lugar actividades, charlas e obradoiros de danza e gastronomía.


A xornada do domingo 29 paralelamente aos concertos que se desenvolven en diferentes escenarios distribuídos por toda a illa, teñen lugar actividades, charlas e obradoiros de danza e gastronomía. A música comezará xa pola mañá e incluirá degustacións, cata de viño, un showcooking patrocinado por Alhambra, obradoiros de danza, mostra de luthería e un espazo infantil entre outras actividades.


Acceso e entradas
Ao elixir a data atoparedes distintos horarios para coller o barco.
O venres e sábado haberá barco desde Vigo ás 17:30 e desde Meirande ás 18:00.
O domingo tedes desde Vigo ás 11:15 e desde Meirande ás 12:00, 13:00 e 15:30.
O acceso ao evento realízase en barco dende os portos de Vigo e Meirande. As entradas ao evento inclúen o transporte marítimo e o acceso ás actividades do festival. Existen diferentes modalidades de acceso con prezos populares, ademais un 15% de desconto coa Tarxeta Xove, pensionistas ou se estás en desemprego.
As tardes do venres 3 e do sábado 4 de xullo o festival ofrecerá un paseo en barco pola ría con música en vivo, visita guiada á Illa da Memoria, concertos, obradoiros de danza e gastronomía.
O domingo 5, a Illa de San Simón acollerá unha xornada con máis de corenta concertos, obradoiros, catas de viños galegos e diversas actividades.
| EMBARCADOIRO | SAÍDA | PREZO |
|---|---|---|
| Venres | ||
| Vigo | 17:30 | 40€ |
| Meirande | 18:00 | 35€ |
| Sábado | ||
| Vigo | 17:30 | 40€ |
| Meirande | 18:00 | 35€ |
| Domingo | ||
| Vigo | 11:15 | 50€ |
| Meirande | 12:00 | 45€ |
| Meirande | 13:00 | 45€ |
| Meirande | 15:30 | 40€ |
PROXIMA APERTURA DE INSCRICIÓNS ABERTAS PARA ASISTIR AS AULAS DE INSTRUMENTISTAS ENCORDASS 2026
Encordass é un encontro musical onde se combinan aulas de instrumento con concertos e obradoiros. Trátase dunha experiencia única construida dende a convivencia e o intercambio cultural, no que cada edición está dedicada á música popular dun país ou rexión.
Está destinado principalmente a instrumentistas de corda (violín, viola, chelo, contrabaixo, guitarra, zanfona e acordeón diatónico), ainda que existen diferentes modalidades de participación, sendo posible asistir con outros instrumentos ou como acompañante (opción esta última só dispoñible para socios).
As aulas de instrumento establécense por niveis, e son impartidas por mestres do país invitado. O repertorio traballado durante o curso representarase nun concerto final aberto ao público xunto aos músicos participantes ao encontro. Músicos, mestres e as/os participantes que o desexen, actuarán como parte da Encordass Fest Orquestra, nun grande concerto final o domingo 5 de xullo.
O encontro Encordass celébrase na Illa de San Simón e inclúe aloxamento e pensión completa. A idade mínima para participar no Encordass é de 18 anos. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición no momento en que se formalice a reserva.
(do 3 ao 5 de xullo)
(do 4 ao 5 de xullo)