FAQ
Respostas ás preguntas máis frecuentes
O xoves 26 de xuño concerto presentación no Museo do Mar de Vigo. O venres 27 e sábado 28 visita musicalizada e concertos ao solpor na illa . O domingo 29 de xuño día grande con concertos, obradoiros e actividades infantís.
A maior parte das actividades terán lugar na Illa de San Simón (Redondela), na Ría de Vigo.
Haberá distintas posibilidades de embarque para acceder ao evento. O venres 27 e o sábado 28 de xuño barco dende Vigo ás 17:30 e dende Meirande ás 18:00.
Menores ata os 18 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta. O acceso ao evento para menores ata 12 anos é gratis, soamente pagan o barco.
Se tes a tarxeta xove (de 14 a 30 anos), es maior de 65 ou estás en desemprego, desfrutarás dun 15 % de desconto sobre o prezo da entrada ao evento da modalidade escollida.
A normativa da illa prohíbe comer fóra da zona de postos (Campo de Alocucións).
Na illa atoparás postos para adquirir bebida e zona gastro cunha oferta gastronómica variada, incluíndo opcións veganas e sen gluten. Non esquezas que consumindo nos postos colaboras para que a celebración sexa un éxito e poidamos continuar.
Poderás pagar tanto con tarxeta como en efectivo.
Non está permitida a entrada de animais á illa debido a que é un espazo natural protexido. Unicamente permitirase a entrada de cans guía.
Só está permitido fumar nos peiraos e nas superficies empedradas da illa.
Sobre todo Non apagues ou tires as cabichas ao chan baixo ningunha circunstancia. Se non levas cenicero portátil pide a organización información.
Lembra que estás nun espazo protexido e, tanto para ti como para as persoas que están na illa será moito mellor que evites os fumes na medida do posible.
O baño na Illa de San Simón non está permitido.
Durante tres días un curso para instrumentistas de corda popular con dous tipos de inscrición: Encordass completo, do venres a domingo e reducido, sábado e domingo.
A manutención e pernocta na illa están incluidos, e o almorzo do luns 30.