Encordass Fiddle Fest é un festival internacional de música de corda que se celebra na Illa de San Simón, na Ría de Vigo, Galicia. Este evento destaca por fusionar a música tradicional galega con sonoridades doutras culturas, tendo ao violín como instrumento central. Co violín como fío condutor, o festival é un evento poliédrico que combina concertos en diferentes formatos con obradoiros musicais especializados, actividades para todas as idades, gastronomía, danza tradicional, charlas culturais, paseos en barco e natureza.
Cun cartel que inclúe tanto artistas consolidados como bandas emerxentes, e máis de 40 concertos en formato íntimo e acústico, o público pode escoller entre diferentes actuacións simultáneas, favorecendo unha experiencia próxima e personalizada. Un festival que achega o violín ao público, desmontando o cliché que o asocia só coa música clásica.
A edición de 2025 celebrarase entre os días 26 e 29 de xuño, e contará con músicos e bandas galegas como Parbö, Maricarme, Antía Ameixeiras, Jako el Muzicante ou Abril, entre outros. Compartirán escenario con agrupacións internacionais como Darach, Violeta Veinte ou Santiago Vokran del Gesú, e destacados artistas gregos como:
Kelly Thomá, referente actual da lira cretense; Efrén López, virtuoso da corda mediterránea e especialista en música medieval e modal; Dimitris Mitarakis, guitarrista folk que, xunto a Athanasios Valaskas e Ioannis Zarias, forma o Rebetiko Trio; Christos Kanellos Malamás, músico ateniense afincado en Granada, especializado nas tradicións musicais do Mediterráneo oriental e occidental.
Encordass Fiddle Fest conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e co apoio de Cervezas Alhambra que, no ano do seu centenario, reafirma o seu compromiso coas experiencias únicas que invitan a gozar sen présa, dedicando a cada momento o tempo que merece.
Ademais da música, Encordass Fiddle Fest ofrece:
O festival comezará o xoves 26 co concerto inaugural no Museo do Mar de Vigo.
O venres 27 e o sábado 28 o público poderá acceder a San Simón dende a Estación marítima de Vigo e dende o embarcadoiro de Meirande, (Museo de Rande) onde serán recibidos no peirao cuhna benvida musical.
A programación inclúe una visita guiada, “Illa da Memoria”, que comeza coas cantigas de Martín Codax e dos trovadores medievais, para facer unha liña emporal ata hoxe. Paralelamente aos concertos que se desenvolven en diferentes escenarios distribuídos por toda a illa, teñen lugar actividades, charlas e obradoiros de danza e gastronomía.
A xornada do domingo 29 paralelamente aos concertos que se desenvolven en diferentes escenarios distribuídos por toda a illa, teñen lugar actividades, charlas e obradoiros de danza e gastronomía. A música comezará xa pola mañá e incluirá degustacións, cata de viño, un showcooking patrocinado por Alhambra, obradoiros de danza, mostra de luthería e un espazo infantil entre outras actividades.
Acceso e entradas
Ao elixir a data atoparedes distintos horarios para coller o barco.
O venres e sábado haberá barco desde Vigo ás 17:30 e desde Meirande ás 18:00.
O domingo tedes desde Vigo ás 11:15 e desde Meirande ás 12:00, 13:00 e 15:30.
O acceso ao evento realízase en barco dende os portos de Vigo e Meirande. As entradas ao evento inclúen o transporte marítimo e o acceso ás actividades do festival. Existen diferentes modalidades de acceso con prezos populares, ademais un 15% de desconto coa Tarxeta Xove, pensionistas ou se estás en desemprego.
As tardes do venres 27 e do sábado 28 de xuño, o festival ofrecerá un paseo en barco pola ría con música en vivo, visita guiada á Illa da Memoria, concertos, obradoiros de danza e gastronomía grega.
O domingo 29, a Illa de San Simón acollerá unha xornada con máis de corenta concertos, obradoiros, catas de viños galegos e diversas actividades.
EMBARCADOIRO | SAÍDA | PREZO |
---|---|---|
Venres 27 | ||
Vigo | 17:30 | 40€ |
Meirande | 18:00 | 35€ |
Sábado 28 | ||
Vigo | 17:30 | 40€ |
Meirande | 18:00 | 35€ |
Domingo 29 | ||
Vigo | 11:15 | 50€ |
Meirande | 12:00 | 45€ |
Meirande | 13:00 | 45€ |
Meirande | 15:30 | 40€ |
INSCRICIÓNS ABERTAS PARA ASISTIR AS AULAS DE INSTRUMENTISTAS ENCORDASS 2025
Encordass é un encontro musical onde se combinan aulas de instrumento con concertos e obradoiros. Trátase dunha experiencia única construida dende a convivencia e o intercambio cultural, no que cada edición está dedicada á música popular dun país ou rexión.
Está destinado principalmente a instrumentistas de corda (violín, viola, chelo, contrabaixo, guitarra, zanfona e acordeón diatónico), ainda que existen diferentes modalidades de participación, sendo posible asistir con outros instrumentos ou como acompañante (opción esta última só dispoñible para socios).
As aulas de instrumento establécense por niveis, e son impartidas por mestres do país invitado. O repertorio traballado durante o curso representarase nun concerto final aberto ao público xunto aos músicos participantes ao encontro. Músicos, mestres e as/os participantes que o desexen, actuarán como parte da Encordass Fest Orquestra, nun grande concerto final o domingo 29 de xuño.
O encontro Encordass celébrase na Illa de San Simón e inclúe aloxamento e pensión completa. A idade mínima para participar no Encordass é de 18 anos. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición no momento en que se formalice a reserva.
(do 27 ao 29 de xuño)
(do 28 ao 29 de xuño)