Encordass Fiddle Fest aposta polo acceso universal á cultura e á educación, por iso ofrecemos un desconto do 15% para XENTE NOVA, PENSIONISTAS e PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO, unido ao noso compromiso das bolsas que ofertamos cada ano para asistir aos cursos Encordass e San Simón Fiddle. Ademais, o principal obxectivo de Galicia Fiddle é o de promover o emprego dos instrumentos de corda na música popular polo que os estudantes e instrumentistas de corda dispoñen dun desconto do 50% na súa entrada para o Encordass Fiddle Fest.
Acceso e entradas ao evento
Ao elixir a data atoparedes distintos horarios para coller o barco:
O venres e sábado haberá barco desde Vigo ás 17:30 e desde Meirande ás 18:00.
O domingo tedes desde Vigo ás 11:15 e desde Meirande ás 12:00, 13:00 e 15:30.
O desconto do 50% para estudantes e instrumentistas de corda en activo unicamente está dispoñible para o domingo 29.
Escríbenos a eff@galiciafiddle.com indicando brevemente a relación co instrumento (como, por exemplo, centro de estudos, grupo no que tocas ou ligazón a un perfil artístico) e consigue o teu desconto.
Domingo 29 de xuño
Traslados con música a bordo
Concertos, baile, natureza e gastronomía
Obradoiros e mostras de luthería
Xogos e obradoiros infantís
Visita guiada á Illa da memoria (barcos das 11:15 desde Vigo e 12:00 desde Meirande)
Prezos, horarios e lugar embarque
*Máis gastos de xestión.
Os descontos non son acumulables