Encordass Fiddle Fest especial Grecia

INSCRICIÓNS ABERTAS PARA ASISTIR AS AULAS DE INSTRUMENTISTAS ENCORDASS 2025

Encordass é un encontro musical onde se combinan aulas de instrumento con concertos e obradoiros. Trátase dunha experiencia única construida dende a convivencia e o intercambio cultural, no que cada edición está dedicada á música popular dun país ou rexión.

Está destinado principalmente a instrumentistas de corda (violín, viola, chelo, contrabaixo, guitarra, zanfona e acordeón diatónico), ainda que existen diferentes modalidades de participación, sendo posible asistir con outros instrumentos ou como acompañante (opción esta última só dispoñible para socios).

As aulas de instrumento establécense por niveis, e son impartidas por mestres do país invitado. O repertorio traballado durante o curso representarase nun concerto final aberto ao público xunto aos músicos participantes ao encontro. Músicos, mestres e as/os participantes que o desexen, actuarán como parte da Encordass Fest Orquestra, nun grande concerto final o domingo 29 de xuño.

O encontro Encordass celébrase na Illa de San Simón e inclúe aloxamento e pensión completa. A idade mínima para participar no Encordass é de 18 anos. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición no momento en que se formalice a reserva.

INSCRÍBETE E RESERVA A TÚA PRAZA

(do 27 ao 29 de xuño)

(do 28 ao 29 de xuño)

Consentimiento de Cookies con Real Cookie Banner