Proximamente

Proximamente

Artistas invitados

Fiddle Fest Grecia

O encontro desta edición 2025 do Encordass terá lugar do venres 27 ao domingo 29 de xuño, a música galega e as músicas gregas do rebético e da Illa de Creta.

Kelly Thomá

Nacida no Pireo, Grecia, é unha destacada intérprete da lira cun estilo único e creativo no campo da música tradicional. Desde 1995, estuda lira con Ross Daly, actuando en escenarios de prestixio de Europa, Asia, Australia e Estados Unidos. Membro do Tokso Folk String Quartet desde 2008,  e dende 1998 do proxecto internacional de ensinanza de música tradicional Labyrinth Musical Workshop, iniciativa dedicada á exploración e ensinanza da música tradicional de diversas culturas.

Efrén López

Músico, compositor e produtor valenciano especializado en instrumentos de corda pulsada do Mediterráneo Oriental, Oriente Medio e Asia Central, así como na zanfona. Estudou con Maurizio Martinotti, Nigel Eaton ou Pascal Lefevre, Ross Daly, entre outros. Como docente impartiu obradoiros e seminarios sobre música medieval e modal en Berklee College of Music en España, Labyrinth Music Workshop en Grecia, Halsway Manor no Reino Unido, Müzik Köyü en Turquía, Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) en España.

Trío Rebetiko

Especializado en música tradicional grega e rebetiko,  cun estilo que evoca os sons nostálxicos dos discos de gramófono, con elementos do Mediterráneo oriental e dos Balcáns. Bouzouki, guitarra, baglamas e violín, o seu repertorio abrangue desde pezas melancólicas ata temas enérxicos.  O trío formado por Dimitris Mitarakis, Giannis Zarias e Thanasis Valaskas, xuntos contan cunha traxectoria de máis de 2000 concertos en 15 anos.

2025-valaskas

Athanasios Valaskas

Nado no 1976 en Polydroso Phokidas, Grecia, comezou a súa traxectoria cantando e tocando o bouzouki aos 14 anos. Dende os 18 anos desenvolve a súa carreira en Atenas profesionalmente tocando “Rempetiko” e outros tipos de música popular grega xunto a artistas recoñecidos como Stelios Vamvakaris, Eleni Vitali, Lizeta Kalimeri e outros. Actualmente é membro de “Eivala” e “Rebetiko Trio”, con Dimitris Mitarakis, Vassilis Skoutas e Giannis Zarias.

eleni-violin

Elení Pertselaki

Violinista grega especializada na música tradicional do Mediterráneo Oriental. Forma parte do grupo Anatolikó Karavàni, que explora as conexións musicais entre Grecia, os Balcáns e o Oriente Medio a través de instrumentos tradicionais como o violín, o kanunaki ou o saz. Eleni Pertselaki ofrecerá concertos e formación especializada, achegando o son da tradición musical grega á Illa de San Simón.

Dimitris-Mitarakis

Dimitris Mitarakis

Guitarrista grego coñecido pola súa interpretación do xénero rebetiko. Colaborou estreitamente con artistas como Vasilis Skoutas e Ioannis Zarias, formando o Rebetiko Trio Skoutas Mitarakis Zarias, co que participou en diversos festivais e eventos musicais. Ademais do seu traballo interpretativo, Mitarakis imparte seminarios de guitarra folk nas melodías gregas e técnicas de acompañament como que se coñece como “bassokitharo”.

Christos Kanellos Malamás

Músico, musicólogo, compositor, profesor e luthier, natural de Atenas e afincado en Granada. Especializado en canto bizantino, música otomá e instrumentos de corda pulsada, imparte clases na Escola de Música Modal de Granada e no Centro Internacional de Música Medieval (CIMM). A súa traxectoria combina interpretación, docencia e investigación, centrada na reconstrucción de instrumentos antigos e medievais, así como no estudo iconográfico das fontes musicais históricas. É diplomado en canto bizantino, licenciado en guitarra clásica polo CSM de Córdoba e Máster pola Universidade de Salamanca, onde actualmente realiza o doutoramento. Participa activamente en proxectos de investigación e formacións musicais de estilos diversos.

gogo

Gogo Batsikoura

​Especializada no saz, destacada pola súa participación no dúo Müzikal Ifade, xunto con Alexandra Papastergiopoulou, onde reinterpretan músicas de Esmirna, Asia Menor e Capadocia. Tamén colaborou en proxectos como Eastern Caravan, explorando tradicións musicais do Mediterráneo oriental.

Jako el Muzicante

Contaremos coa colaboración especial de Xurxo Fernandes, creador dun proxecto que encarna a Jako o Muzicante. Recoñecido polo seu labor na recuperación e reinterpretación da música tradicional galega e sefardí.  En 2013 fundou o grupo Radio Cos, con Henrique Peón, publicando os álbums Sete Cuncas (2013) e Pasatempo (2017), e representando a Galicia no WOMEX 2016. En 2021 lanzou Levaino!, un disco que mestura músicas galegas e mediterráneas, interpretado xunto ao colectivo Pandeireteiras Sen Fronteiros. Actuará como solista coa Orquestra Encordass na compaña dos artistas gregos participantes no festival .

Adrián Costa

Guitarrista e cantante compostelán é unha das figuras máis destacadas do blues.  Cofundador do grupo Los Reyes del K.O.,  en San Francisco liderou a banda Adrián Costa Blues Persuasion colaborando con músicos como Buddy Miles (Jimi Hendrix Band of Gypsys) e Mick Taylor (The Rolling Stones), Billy Boy Arnold, Jackie Payne e Kenny “Blues Boss” Wayne.
O seu estilo musical combina blues, funk, soul e raíces latinas, destacando pola súa voz e unha interpretación que convida ao baile

Ioannis-Zarias

Ioannis Zarías

Destacado violinista grego contribuíu significativamente á preservación e difusión do folclore grego. Membro do grupo Rebetien, xénero rebetiko, e do Frog String Quartet. Ensina violín a novas xeracións de músicos no Departamento de Música da Universidade Técnica Nacional de Atenas (NTUA).

Santiago Vokram del Gesú

Violinista e compositor mexicano cunha sólida formación clásica e unha marcada orientación cara á experimentación sonora. O seu estilo destaca pola fusión de elementos da música tradicional, jazz, rock e estruturas musicais complexas como as amalgamas e os palíndromos. Actúo en escenarios destacados de México, España e Bolivia, ante públicos de ata 28.000 persoas. Ao longo da súa carreira colaborou con grupos como AmigOz e Natura, desenvolvendo unha traxectoria versátil, innovadora e profundamente expresiva.

Violeta Veinte

Namorouse por primeira vez do violín despois de escoitar a Itzhak Perlman na radio cando tiña cinco anos. Aínda que a súa nai inscribiuna de inmediato para as clases, non se iría “realmente seria coa música tradicional” ata varios anos despois, cando a súa profesora de violín, Hanneke Cassel, enviouna ao programa de verán Gaelic Roots no Boston College.

Pärbo

Begoña Riobó e Anxo Pintos, un brillante dúo que busca tratamentos e procuras osmóticas noutras leiras estéticas para asinaren acabados sonoros de dixestión contemporánea. Violín, arpa céltica e voz soan da man de Riobó. Zanfona e segundo violín de Pintos.

Maricarme

Cibrán Seixo, Antía Ameixeiras e Migui Carballido. Instrumentos acústicos (violins, pandeiros, buzuki…) únense á sonoridade máis electrónica (pads, pedais…) creando un folk orixinal e poderoso que viaxa desde a tradición oral ás composicións propias.

Darach

Cun traballo recentemente publicado este dúo, formado por Roo Geddes e Hugo Franco, ofrece un novo concepto de folk moderno. Da harmonía do fiddle e da guitarra xurden melodías galegas aromatizadas coas influencias de tradicións europeas e internacionaise. mentras exploran as melodías.

Ismael Cabaleiro Trío

Liderado polo violinista Ismael Cabaleiro, conta co guitarrista David Regueiro e o contrabaixista Juan Cañada, músicos con ampla traxectoria no jazz e no manouche. O seu primeiro disco, “Intres”, rende homenaxe ao violinista Stephane Grappelli. Actualmente, Ismael desenvolve unha voz máis persoal que mestura jazz, world music e música progresiva, mantendo a improvisación e o diálogo entre instrumentos como elementos centrais.

osvalladares

A Música dos Valladares

Trío formado por Cibrán Seixo, Rubén Servide e Pablo Bernárdez ao abeiro do libro-disco “A Música dos Valladares, retratos de familia” (Ed. Galaxia 2024), Violín, frauta e guitarra incorporando outros timbres coma o da zanfona ou o do saxo.

Antía Ameixeiras

Antía Ameixeiras é unha violinista e cantante galega . Cunha sólida formación en música tradicional e clásica, formou parte de grupos como Luar na Lubre e Oîma. Desde 2018 integra o dúo Caamaño&Ameixeiras, co que gañou premios como o Martín Códax. Ademáis de participar con Maricarme, teremos a oportunidade de vela nunha versión máis íntima como solista.

atrio

Atrîo

Hugo, Alfonso e Claudia Franco, son os compoñentes dunha formación acústica baseada na música de raíz de Galicia. A proposta deste grupo mestura a música máis tradicional da súa terra, baseada no canto e a percusión, cún estilo máis folkie e internacional.

Sondeseu-violins

Violíns SONDESEU

Sección de violíns da Orquestra Son de Seu, fundada no ano 2001 por Rodrigo Romaní, está considerada a primeira orquestra folk de Galicia. Estreouse na XIX edición do Festival de Ortigueira en 2003.

GFOrquestra

Galicia Fiddle Orquestra

Unha proposta educativa na que conviven profesorado e alumnado nun espazo común de creación musical. Nacida no San Simón Fiddle, consolidouse como unha agrupación innovadora e única no panorama musical galego. Interpretan música popular sen o uso de partituras ofrecendo unha posta en escena onde a expresión corporal e a comunicación co público toman o protagonismo do espectáculo. Composta por violíns, violoncelos, guitarra acústica, voz e percusión galega.

Chelsea House Orchestra

Orquesta orixinaria de Michigan percorre festivais de todo o mundo cun repertorio musical ecléctico e colorido de músicas celtas tradicionais e outras fontes de folk con instrumentos como mandolina, guitarra, bodhran, djembe, caixón, varias percusións populares, baixo, bouzouki.

nathan-sara-

Nathan e Sara

Sara López e Nathan Outeiro son un novísimo dúo de música folk que combina tradición galega con estilos como o swing ou o folk irlandés, creando  novas sonoridades sen perder a súa esencia galega. Forman parte da nova xeración nacida gracias a San Simón Fiddle.

Parapente 700

Eva Parmenter, voz e acordeón diatónico, Denys Stetsenko, violín. Dúo orixinal de Lisboa interpretan mazurcas de auga, polskas de aire, círculos gregos e scotish de lume. Melodías que acompañan danzas gregas, italianas, francesas, suecas ou portuguesas recuperando a esencia de bailar.

Liv-Llauder

Fotografía Berta Olivas

Liv Llauder

Liv Hallum López-Llauder é unha acordeonista diatónica e pedagoga musical orixinaria dos Pirineos cataláns. Actualmente traballa como profesora de acordeón diatónico e música na Escola Folk del Pirineu, situada na rexión metropolitana de Manresa.

Rexoubas

Grupo emerxente nado nos encontros de San Simón Fiddle. Catro violíns e unha guitarra cun son fresco e innovador interpretan temas tradicionais con arranxos propios e de mestres como Begoña Riobó ou Anxo Pintos.

Encordass-orquestra

ENCORDASS ORQUESTRA

Cada ano, durante a celebración do Encordass fiddle Fest, xunto cos mestres invitados, os asistentes ao mesmo preparan un repertorio que se interpreta no concerto final do festival. Unha agrupación de máis de 70 músicos pon o broche final ao festival

Encordass Fiddle Fest
2024

Solistas

Hari Ram Bopha

Tocador de Ravanattha con máis de 30 anos de experiencia.  Músico convidado dende Jaisalmer como representante da tradición rajastaní de corda xunto a Ramswarup, tocador de duluc.

Ragas & Talas

Ritmos do sur da India  canto carnático e “konnakol”. Trío formado polo percusionista Narendran Bashkaran ao mridangam, Marije Hristova, violinista de orixe búlgaro que fusiona a música indostaní e carnática, e  ao sitar.

Wild Strings Trio

Trío de Ljubljana cun son único e singular onde mesturan diferentes xéneros musicais cunha traxectoria de xiras, concertos e festivais por toda Europa e ata Irán e Usbequistán. Melodías dos Balcanes e ritmos celtas, entrelazados co jazz e a música clásica, cunha expresión flamenca improvisada e enraizada na música tradicional.
Arranxos e ritmos complexos, a súa música sincera e singular fascina a un público diverso proveniente de todas partes do mundo.

Raphaël Maillet

Violinista cunha personalidade musical ecléctica forxada en Aviñón e Montpellier, baila e conta historias á vez que toca. Apaixoado polo aspecto tradicional do violín toca e imparte cursos en festivais internacionais.

Con numerosas gravacións, este músico polivalente toca en orquestras, grupos de Bluegrass e Old-Time (folclore americano), irlandeses, quebequeses, corsos, romaneses, jazz, blues, rock, danzas folclóricas e tango.

Blanche Oguey

De formación clásica namorouse dos sons da música folclórica francesa e da Nyckelharpa. Estudiosa da música folclórica sueca participa en moitos proxectos internacionais, o que lle permite experimentar e enriquecerse constantemente.

Kathryn Doehner

Violinista alemana especialista en técnica Alexander, música étnica e educación musical alternativa. Dende 2013 é parte do equipo organizador e conferenciante en Ethno Germany, un campamento intercultural de música folk dirixido por Jeunesse Musicais Germany. Fundadora e directora musical do premiado proxecto intercultural “Folklang” en Tubinga.

Toby Kuhn

Ecléctico cellista austríaco estudou co internacionalmente aclamado Yegor Dyachkov. Cunha dobre licenciatura en Interpretación e Teoría da Música descubriu o pracer da dirección orquestral e, baixo a tutela do mestre Alexis Hauser, organizou, ensaiou e dirixiu pequenas orquestras ad hoc dos seus compañeiros de escola en actuacións moi apreciadas durante toda a súa estancia en Montreal.

Petra Onderufova

Nada en Banska Bystrica (Eslovaquia) estudante de cello no Conservatorio de Brno (República Checa) interesouse polo violín co descobrimento persoal do jazz e as músicas tradicionais iniciando os seus estudos no Conservatorio de Klagenfurt (Austria) con Max Grosch, graduándose en Composición e Arranxos de Jazz con Johannes Berauer, Christian Howes, Mark Feldman, Simone Zanchini, Brian Blade, John Patitucci. Chegou á música india con Sharat Chandra Srivastava e Pt. Suresh Tal Walkar.

Active Mess

Cuarteto nado nas rúas do centro de Lisboa co obxectivo de participar en iniciativas e espectáculos remunerados para financiar os seus estudos individuais, está formado por Jacqueline Monteiro, Mariana Santos e Edvânia Moreno ao violín e Lívia Mendes ao cello.  Cos seus arranxos do repertorio popular, influencias da música caboverdiana, músicas do mundo, música clásica e mesmo algunhas bandas sonoras,  contaxian a súa enerxía e amor pola música.

Oriol & Carla Saña

De formación temprana estudou entre outros con  Matt Glaser, Mimi Robson, John Blake ou Darol Anger, e participou en varias orquestras sinfónicas como violinista clásico. Consolidou a súa carreira no campo do jazz manouche co guitarrista Albert Bello e no bluegrass co violinista Casey Driessen. Con máis de 50 traballos discográficos publicados (Harmonia Mundi, Filmax Music ou Warner Brothers) é coordinador do Barcelona Fiddle Congress, director do Bellaterra Fiddle Camp e profesor de violín moderno Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC).

No Encordass Fiddle Fest teremos a oportunidade de escoitalo a duo na compaña da súa filla Carla Saña, unha destacada estudante de violín que de seguro vai ocupar unha praza importante no mundo do violín nos próximos anos.

Grupos

Ghaveta

Cuarteto de Mondariz de música de raíz galega. Arpa, violín, voz, percusións, guitarra acústica e bouzouki. Ghaveta ten un directo intenso, cheo de emoción. A voz, as percusións e a arpa crean novas atmósferas que che levarán a moverte, por dentro e por fóra, mentres o bouzouki e o violín interpretan intrépidas melodías. Vivirás un extenso percorrido por Galiza da man de Ghaveta. Temas tradicionais que acollen unha inefable actualidade.

Hugo Franco e Franc Xarau

Marc Xarau & Hugo Franco

Marc Xarau e Hugo Franco ofrecen unha narrativa musical excepcional que cativa á audiencia. A súa enxeñosa fusión de tradicións folclóricas e influencias contemporáneas pinta unha paisaxe sonora vívida, transportando aos oíntes desde as rúas de Barcelona a un mundo de innovación musical e fusión cultural.

Sandra Castro foto

Sandra Castro

Nada en Madrid, Sandra Castro reside actualmente en Glasgow, onde estudia Música Tradicional no Royal Conservatoire of Scotland. Ensina música e compone as súas propias cancións.

Gom Goás

Mestre de música e guitarrista que formou parte de diferentes bandas de música galega e folk como A Quenlla, A Banda das Crechas, Tis-Che-Tein, Davide Salvado ou Tanxugueiras. Actualmente é membro do grupo de música galega Os d ́Abaixo.

María Pérez

Violinista folk pertencente á nova xeración de fiddlers galegos e integrante da Orquestra folk SondeSeu. Colaborou con Begoña Riobó e Hugo Franco no seu primer proxecto discográfico “Acanteira”.

Germán Clavijo

Integrante da Royal Philharmonic Orchestra, BBC Philharmonic, Royal Opera House e Ensemble Moderna grabou para Classic FM, a BBC (Reino Unido) e para Radio Nacional TVE. Foi Viola Principal da Orquesta Ciudad de Granada e Director Artístico da Ensemble Instrumental de Granada.

Beatriz Martínez

Con Rodrigo Romaní Trío publicou Fíos de Ouro no Ár e illas. Cofundadora do proxecto Percubebés (música infantil) xunto a Marcelo doBode. Directora da sección de harpas da orquestra SonDeSeu e integrante do cuarteto folk Ghaveta. En 2021 publica ‘Tal como as nubes’.

Aleksander Kuzmic​

Guitarrista, cantante, compositor e multiinstrumentista esloveno que participou en musicais como Cats, Hair, Os Miserables, A Pantasma da Ópera. Toca a guitarra flamenca, bouzuki, Kora, Kval e Bansuri, frautas de orixen asiático en numerosas bandas centroeuropeas de música folk.

Purnata Mohanty

Iniciada na danza Odissi aos 5 anos con Guru Kanduri Charan Behera. Máis tarde uniuse á Odisha Dance Academy baixo a dirección de Padmashree Guru Gangadhar Pradhan, Padmashree Guru Smt Aruna Mohanty e Sri Pravat Kumar Swain en “Nrutya Naivedya”. Directora da Purnata School of Performing Arts, Bhubaneswar,  foi profesora en Nrutya Naivedya. Entre otros
obtuvo o 1er premio no 5th National Classical Dance Competition 2019 celebrado en Burla, Sambalpur, Odisha.

Apeksha Bhagwat

Profesora de Cultura India (Ioga) na Embaixada da India en Marid en colaboración co ICCR para promover e propagar o antigo coñecemento indio para o benestar da humanidade.

Experta na técnica de meditación Pranayama, terapia de ioga integradora e espiritual para todos os grupos de idade. Con publicaciones especializadas e una tesis doctoral pola GITAM University, Visakhapatnam, Andhra Pradesh, fala inglés, hindi e punjabi.

Martín González

Formado na Escola Internacional Antonio Stradivari de Luthery de Cremona (Italia), na actualidade ten o seu obradoiro en Vilaboa (Pontevedra), onde exerce a súa profesión dende o ano 2020.

Carlos Portela

Entre Portugal e Galicia dende 2013 aprendeu o oficio co seu pai ao tempo que se formaba en escolas de lutheria. O foco principal do seu traballo é a elaboración de novos violíns, violas, violonchelos e restauracións.

Roi Redondo

Especializado en instrumentos de corda frotada e pulsada e barrocos como as harpas Celtas ou violas de gamba. Formóuse na EMAO de Vigo e actualmente ten o seu taller en Pontevedra.

Proximamente máis información

Consentimiento de Cookies con Real Cookie Banner